Este xoves, 22 de agosto ás 18:30 horas, terá lugar unha nova xeira do IEM dentro do programa das Xeiras de verán 2019 coa colaboración do concello de Baiona.
A xeira levará por título “Polos cumes da Groba. O hábitat do último cabalo salvaxe do mundo” que será guiada por Xosé Ramón García e Xilberte Manso de la Torre.
O percorrido estará acompañado de dúas intérpretes en lingua de signos.
