A Aula CeMIT da Guarda ven de lanzar o calendario coa programación de novos cursos de informática de balde para nenos e adultos nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro.

Todas aquelas persoas que estean interesadas poden formalizar dende xa a súa inscrición, os cursos serán en horario de mañá e de tarde.

As inscricións están abertas no Concello ou no Centro Cultural(1º andar), chamando ao 986 611850 ou no enderezo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal.

Destacan na programación de cursos os de Informática para nen@s, mecanografía, redes sociais para maiores, administración electrónica, follas de cálculo ou o de informática para adultos.

Todos os cursos son de balde, destacando tamén que a Aula CeMIT da Guarda dispón de conexión aberta a internet para facer consultas.