Este ano, o Concello de Tomiño, organiza para as Festas do Alivio unha exposición da fotógrafa tomiñesa Pily Reñones, que leva por título «Camiños Converxentes».

A mostra, que estará aberta ao público entre o 7 e o 30 de setembro no Mercado Municipal (1º andar), será inaugurada o sábado ás 12.00 horas.

Pily Reñones foi nomeada aos premios Goya de Fotografía (da Asociación de fotógrafos profesionais de Zaragoza) pola fotografía «Holanda», na que a autora retrata a unha anciana da localidade aurensá de Riós.

Recentemente, o Concello celebrou unha homenaxe á fotógrafa, durante a cal esta fixo entrega á alcadesa de Tomiño dunha copia enmarcada da devandita fotografía.