Este luns, a Comunidade de Montes de Camposancos contratou a 5 empregados a xornada completa para actuar en máis de 10 hectáreas de monte comprendidas dende a Casa Forestal do Trega, pasando por diante do Hotel Pazo, ata o estacionamento de autobuses e un frente de 50 metros mínimo chegando a contorna de Ermitan.
«Esta actuación a mata rasa, como se di no argot forestal, nos ven imposta por Medio-ambiente da Xunta de G. para previr riscos de incendios». «Este lugar está totalmente invadido de acacias, eucaliptos e xestas de mediano porte que forman un bosque impenetrable, por tal motivo, e así mesmo por imperativo legal, decidimos acometer a deforestación desa ampla zona. Sin lugar a dubidas que respectaremos todas especies frondosas que se atopen entre as invasoras«, sinalan dende a Comunidade de Montes.
Será un traballo moi complicado polas fortes pendentes e que os traballos teñen que realizarse manualmente porque Patrimonio da Xunta de Galicia non permite actuar con maquinaria motorizada para preservar posibles restos arqueolóxicos.
