O Concello de Tomiño está en alerta 3, nivel vermello, e o goberno municipal ampliou as limitacións de aforo nos espazos municipais.

«Onte comunicounos que debíamos suspender o ciclo de cine porque estes lugares quedaban abertos só para actividades cun máximo de cinco persoas. Como utilizamos o auditorio de Goián para as proxeccións, non podemos continuar co ciclo de cine que comenzamos en outubro e debía seguir o próximo xoves coa proxección de «A Illa das mentiras», sinalan dende o Cineclub Poleiro.

«Lamentamos a anulación e seguiremos co ciclo en canto a situación o permita».