Agrupación Musical de Vincios
CEDIDA // Agrupación Musical de Vincios

A Agrupación Musical de Vincios celebra o seu XVII Festival de Bandas de Música este sábado 7 de xullo, ás 21:00 horas no Parque da Coelleira (Gondomar). Ademáis, será a presentación oficial do novo director da súa escola e banda, Adrián Viñas Alonso.

Nesta ocasión, as bandas convidadas son a Banda de Música Xuvenil de Xinzo (Ponteareas) e a do país veciño, Banda S. Cristovão de Rio Tinto. Tanto as bandas convidadas coma a banda anfitroa ofrecerán repertorios variados e moi agradables para o público.

Este evento está respaldado pola Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, o propio Concello de Gondomar e a Deputación de Pontevedra.