A Comisión de Festas Santiago e Sta. Ana de Parada, organiza o vindeiro domingo, día 8 de xullo, a xa tradicional sardiñada do Monte Castelo.

Dende as dez e media da maña todas persoas que o desexen poderán degustar as sardiñas acompañándoas con pan de millo e viño.

Ademáis das sardiñas, tamén se poderán degustar empanadas, callos e churrasco. A xornada contara coa actuación da Charanga Vaite Xa.