A Agrupación Musical de Goián e a súa escola de música contan con 130 alumnos que reciben máis de 4.000 horas de formación ao ano.

Son cifras que van en aumento, polo que o financiamento cada vez é maior. Por iso agradecen toda colaboración de calquera persoa, que é fundamental para que poidan continuar coa súa actividade musical.

A partir de 20 € anuais (uns 0,05 € día) podes asociarte cubrindo o formulario dispoñible na web Agrupación Musical de Goián. 2 de cada 3 € van destinados ao investimento  máis importante, o de profesorado.