O equipo de fútbol gaélico másculino do Val Miñor rematou este domingo a súa primeira participación na liga galega. Foi contra o outro  equipo debutante nesta temporada, o filial do actual gañador do campionato: o Estrela Gaels. 

A pesar de chegar co equipo moi mermado ao tramo final da competición debido ás múltiples baixas e lesións, o conxunto turonián conseguiu arrincar un valioso punto, con sabor a vitoria, da súa visita a Compostela. Partido moi igualado pese a que o Turonia chegaba con 9 homes xustos para disputar o encontro. Comezaron marcando os do Turonia,  ainda que o Estrela Gaels ao pouco impuxeron unha vantaxe no marcador que chegaría ata os últimos momentos do partido. Con todo, o Turonia conseguía ir puntuando e evitar que os Gaels se afastasen demasiado no marcador.

No descanso, o Turonia  perdía de 2 puntos. Na segunda metade, os axustes defensivos do conxunto turonián elevaron a igualdade entre os dous contendentes, aínda que a resposta dos composteláns non permitía nin un momento de descanso. A medida que o partido chegaba ao seu remate, o equipo de Turonia ía crecendo e mellorando no seu xogo, conseguindo igualar o marcador a falta dun minuto para o asubío final. 

O empate soubo a pouco, tendo en conta que se dispuxo de numerosas ocasións para adiantarse aos Gaels, mais foi un resultado xusto. Resultado final Estrela Gaels 25- Turonia GFG 25.

Turonia GFG – Auriense FG.  Campo da Gándara de Chaín. (Gondomar)

Último partido da tempada para Turonia e Auriense o que se disputou na tarde do domingo en Gondomar. Saíron as do Auriense mellor plantadas e coas ideas moi claras, a raíz diso escapáronse no marcador dende o inicio. Sen embargo e pese a non estar moi acertadas na tarde de onte, as rapazas do Turonia conseguiron reducir distancias para chegar así o descanso con 4 puntos de desvantaxe co Auriense. Deixándoo todo por decidir.

Na segunda parte volveron as de Ourense a saír moi forte e conseguiron por terra de por medio. O que sería xa insuperable para un Turonia, e ainda, coa súa habitual garra, non o deixou de intentar ata o ultimo minuto. Resultado final Turonia 1-11 (14) – Auriense 3-14 (23)