Agrupación Musical de Goián

O vindeiro sábado, ás 20:00 horas, celebrarase no auditorio de Goián o tradicional concerto de Santa Icía, no que participarán a Agrupación Musical de Goián e a súa banda xuvenil baixo a batuta de Pedro Villarroel González.

Será unha actuación moi festiva, co recordo recente dos dous premios obtidos en Santiago no XIII Certame Galego de Bandas de Música. A banda de Goián volverá interpretar, entre outras, «Lobo de Río» do compositor Andrés Álvarez, coa que realizou a «mellor interpretación dunha obra de temática galega» no Certame.

A festa continuará despois do concerto coa tradicional cea de Santa Icía no restaurante Quinta do Ramo en Forcadela. Nela haberá xogos, bailes, humor, algunha sorpresa e moita música.