ALFREDO // Porco ó Espeto

O Día das Letras Galegas e un día especial para todos os galegos, no cal destacamos a importancia da literatura no noso idioma, estando este ano adicado a María Victoria Moreno.

Nesta data, ademais de enxalzar á figura da escritora, a Agrupación Musical de O Rosal vai amosar a súa arte a través da música, coas diferentes actividades que ten pregaramadas.

Nesta caso farán actos no propio día e tamén a noite anterior. Todos os actos terán lugar na Praza do Calvario do Rosal, que, en caso de chuvia, estará cuberta cunha carpa.

O día 16 está preparada unha verbena por todo o alto, coa participación dos grupos locais “Coro Fuscalheiro”, “QuédeQué” e tamén se contará coa actuación da popular e televisiva “A Banda da Balbina”. Os concertos comezarán ás 22:30 horas e dende ás 21:00 horas poderase degustar Porco ó Espeto a prezos populares, contando tamén con cantina.

Xa o 17, Día das Letras Galegas, haberá diversas actuacións e actividades durante todo o día, para tódolos gustos e tódalas idades. Terán protagonismo os rapaces e alumnado da escola de música, mediante actuacións da Banda Infantil, Coro Infantil, Grupo de Clarinetes Kla-son, música tradicional con Orballo e As nove alí, etc. Pola tarde tamén acompañarán “Bemolecontos” que farán disfrutar os nenos coas súas aventuras polo mundo dos libros.

Aparte da compoñente literaria e musical, nese día tamén se intenta fomentar a convivencia entre tódolos membros da Agrupación, grandes e pequenos. Música, contacontos, venda de libros, obradoiros, e postos de comida e postres caseiros a prezos populares, co fin de recadar fondos para as actividades que realiza durante o ano na escola de música e no colectivo.Tamén se contará nesta edición coa colaboración da asociación de comerciantes ACOR, participando varios establecementos na colocación de postos de venda.

A Agrupación Musical do Rosal ven organizando esta actividade, en colaboración co Concello do Rosal, dende o ano 2006. En todas as edicións tiveron moi boa acollida por parte do público, asistindo ademais da poboación do Rosal visitantes doutros lugares do Baixo Miño e incluso doutras comarcas da provincia.