Agrupación Musical Vincios

Este sábado 6 de xullo, ás 20:00 horas, celébrase na praza da Paradela (Gondomar) o XVIII festival de bandas de música organizado pola Agrupación Musical de Vincios en colaboración co Concello de Gondomar.

Nesta ocasión, as bandas asistentes serán a Unión Musical de Cabral, a Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas e a propia Agrupación Musical de Vincios.