No día de onte celebrouse no Centro Social Polivante do Rosal, a Asemblea Extraordinaria da Agrupación Musical co obxecto de proceder a elección dunha nova xunta directiva.
Na primeira parte da asemblea o presidente saínte, Iván Diego Martínez, agradeceu publicamente a todos os directivos que formaron parte da xunta directiva nos últimos 7 anos do seu mandato e que traballaron para que a asociación seguise adiante.
A continuación, o cabeza de lista da única candidatura presentada sinalou os puntos que centrarían o seu proxecto de continuidade da asociación.
Despois de conformar a constitución da mesa electoral procedeuse a votación da única candidatura presentada, resultando apoiada maioritariamente polo 90,69 % dos asistentes.
Durante os vindeiros catro anos estarán ao fronte da asociación esta nova xunta directiva composta por 10 persoas, algunhas son caras novas e outras xa contan con experiencia na traxectoria da agrupación desempeñando cargos en anteriores etapas.
Presidente:
- Andrés García Jiménez.
Vicepresidenta:
- Generosa Pérez Pérez.
Secretaria:
- Yolanda Freitas González.
Tesorero:
- Pablo Alonso Martínez
Vogal:
- Jesús González Álvarez
- Juan Manuel Cabezón González
- Francisco Flores Senra
- Rafael Vicente Fernández
- Juan José Riveiro Vicente
- José Alonso Martínez