Xulio Estévez
Xulio Estévez candidato do PSOE do Rosal a alcadía

Os  socialistas do Concello O Rosal propuxeron a Xulio Estévez como candidato á alcaldía nunha Asamblea Extraordinaria celebrada este martes, 12 de febreiro. 

Xulio Estévez foi director do aeroporto de Peinador e da Virxen do Camiño (León), é concelleiro e secretario local da agrupación e un dos propulsores da plataforma de apoio a Pedro Sánchez na provincia de Pontevedra.

Os socialistas do Rosal consideran que a sua experiencia, bo facer como xestor e o seu compromiso ca vila nos derradeiros 20 anos, fan del o mellor candidato para dar comenzo un novo tempo de máis transparencia e mellor xestión no Concello, poñendo fin a un tempo de “ti vai facendo que xa veremos”.