A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, e a Presidentade acuBam, Patricia Rodríguez, mantiveron unha reunión na que puideron facer un primeiro contacto e falar de cuestións, problemáticas e retos concretos nos que deben traballar conxuntamente.

Ambas comparten e acreditan nas potencialidades do sector agrícola no Concello e na Comarca. Na xuntanza mantida falaron desta cuestión e doutros temas relevantes como é «A Mostra de Cultivos do Baixo Miño».

Nestes intres, acuBam engloba ás empresas da comarca que traballan no agro desde diversos puntos: empresas hortícolas, viveiros ou productoras de flor cortada e todo o conxunto de empresas auxiliares nas que estas se apoian. «Sen dúbida, debemos colaborar e sentar uns alicerces sólidos de comunicación entre o Concello do Rosal e acuBam”, incide Ánxela Fernández.

“O Rosal caracterizouse sempre por ser horta do Baixo Miño. Entre todos debemos traballar na revalorización da horta, o agro e fomentar o aproveitamento da terra como medio de vida na propia educación dos nosos cativos”, sinalou a rexidora rosaleira.

Para iso é preciso que camiñemos xuntos e fagamos valer o sector agrícola do Rosal e da Comarca co obxectivo de facer forza e conseguir unha maior implicación da Xunta de Galicia”, afirma Fernández.