Esta mañá tivo lugar unha reunión coas profesionais da “Escola Infantil Galiña Azul”. A xutanza é importante para afrontar as melloras no mantemento da Escola de cara ó comezo do próximo curso e para planificar o vindeiro orzamento.
Nesta reunión falouse da relevancia e do traballo que fan no ámbito educativo. Nun eido cunha franxa de idade fundamental no desenvolvemento dos nenos e nenas que quere o Concello aproveitar para poñer en valor e visibilizar.
«Seguimos escoitando e compartindo ideas co obxectivo de poder conformar pouco a pouco unha rede de colaboración na que traballemos conxuntamente co obxectivo de mellorar a nosa realidade«, sinalou a rexidora.
