Despois do sold out na experiencia gastromusical pola Ría de Vigo que liderou onte a música de Mounqup, hoxe, venres 19 de xullo, Vive Nigrán dá o seu pistoletazo de saída para a que será unha fin de semana con 25 concertos e unha ducia de actividades para todos os públicos que farán que os asistentes poidan vivir Nigrán no sentido máis amplo do termo.
Esta tarde dende as 18h30 invadirán o Escenario Mahou e o Escenario Rías Baixas o glitter pop de Hickeys, o R&B contemporáneo da novísima Adriana Proenza, a música latina e o rock de raíces de Los Vinagres, a sesión DJ de Paula do Campo, Stanich, unha das referencias da renovación musical máis vigorosas, a sesión DJ de Isaac Pedrouzo, o caos creativo e punk de Los Nastys e o desmelene frenético e pop adulterado de Meneo.
Ademais, todas as persoas asistentes poderán gozar tamén de iniciativas coma o cambio de look gratuíto que a Barbería Derek Ivanich e Save the Sailor lle ofrecerán durante o festival a todo aquel que o desexe a través do seu novo proxecto “La Chabacana”, ou food trucks a cargo de La Pepita Burger Bar, ChacMool Taquería, Misco-Midas, Peaky Food Truck e Creperie La Bretonne. Ademais, dende as 15h30 ata as 18h30 o Club Marítimo de Panxón ofrecerá en colaboración co festival un bautismo de Kayak a todas as persoas que se atrevan a probar a actividade.
Mañá, sábado 20, a oferta estará protagonizada nas primeiras horas por unha ampla proposta de actividades deseñadas específicamente para os máis pequenos e pequenas da casa ao longo de todo o día e concentradas, na súa maioría, nun horario de acceso gratuíto de 12h00 a 18h00. Mentres que o día comezará cun bautismo de surfpara nenos e nenas, en colaboración con La Conservera del Surf, o recinto do festival contará co seu xa habitual e exitoso concurso de debuxo, obradoiros de maquillaxe, construcción con bloques XXL, Pixel Art, Geomag, globoflexia, e o regreso do xornalista Javier Becerra -que xa nos acompañara na primeira edición do festival- para presentar o seu libro ¡Esto es pop! (Mont Ventoux). O xornalista estará acompañado pola música de Carolina Rubirosa para facer este percorrido pola historia da música popular dende Frank Sinatra a Beyoncé, pasando polos Rolling Stones, David Bowie, Patti Smith, Michael Jackson ou Nirvana. No mesmo tramo horario e tamén de balde, a música correrá da conta de Uke & The Leeles; de Delafé, que no seu Concerto Mahou Cinco Estrellas en formatoMediodía Cañero amosará o seu novo son máis electrónico; dos acordes enérxicos e o pop cristalino dos valencianosL’Emperador e de tres concertos a cargo de Gain Over, a escola de rock do Val Miñor.
A partir de media tarde, o acceso ao recinto tornarase de pago para inundarse do folk, pop acústico e rock de Isius, do ritmo mantra “tucu-chaca” e o fingerpicking salvaxe de Yo Diablo, do pop electrónico do dúo barcelonés Hidrogenesse, bailar na sesión DJ de Paul Church, co dúo Monterrosa, disposto convertir a pista de baile en paraíso e trincheira, cos galegos e incombustibles Novedades Carminha e coas revolucionarias Las Chillers. O día completarano as sesións DJ de Isaac Pedrouzo e Picnic Pop.
Programa:
Horarios:
Venres:
No Club Marítimo de Panxón
- De 15:30 ata 18:30 horas | Bautismo de kayak (a partir de 8 anos)
No recinto do festival
- 18h00 Apertura de portas
- 18h00 a 22h00 Cortes de pelo gratis con La Chabacana
- 18h30 Hickeys
- 19h30 Adriana Proenza
- 20h15 Los Vinagres
- 21h15 DJ Paula do Campo
- 22h15 Stanich
- 23h30 DJ Isaac Pedrouzo
- 00h30 Los Nastys
- 01h30 Meneo
- 02h30 DJ Isaac Pedrouzo
- 03h30 Peche recinto
Sábado:
En Praia América
- 11h00 a 12h00 Bautismo de surf para nenos e nenas a partir de 6 anos
No recinto do festival
- 12h30 Apertura de portas
Actividades gratuítas:
- 12h30 a 13h15 Presentación ¡Esto es pop!, de Javier Becerra, coa música de Carolina Rubirosa
- 12h30 a 17h30 Concurso de debuxo
- 12h30 a 18h00 Obradoiros infantís: maquillaxe, construcción con bloques XXL, Pixel Art, Geomag
- 13h15 Uke & The Leeles
- 15h00 Concerto Mahou Cinco Estrellas de Delafé en formato Mediodía Cañero
- 16h00 L’Emperador
- 16h00 a 22h00 Photocall e globoflexia
- 17h00 Gain Over
- 18h00 a 22h00 Cortes de pelo gratis con La Chabacana
Inicio concertos de pago:
- 19h00 Isius
- 20h00 Yo Diablo
- 21h00 Hidrogenesse
- 22h00 DJ de Paul Church
- 23h00 Monterrosa
- 00h00 Novedades Carminha
- 01h15 DJ Isaac Pedrouzo
- 02h15 Las Chillers
- 03h15 DJ Picnic Pop
- 04h00 Peche recinto
