RUBENS // Cuartel de la Guardia Civil en A Guarda

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, e o Concelleiro de tráfico e seguridade, Germán Fernández, mantiveron unha reunión co subtenente da Guardia Civil do posto da Guarda.

Na mesma trataron dúas cuestións. A seguridade no Concello en relación cos roubos no municipio e cuestións relacionadas coa mobilidade, o tráfico e os excesos de velocidade detectados pola veciñanza nalgunhas estradas do ámbito xeográfico do Concello.

En ambos casos, nos roubos e na problemática da velocidade é importante a colaboración veciñal. Así que, dende o Concello queren aproveitar para trasladar á veciñanza que calquera actitude sospeitosa ou neglixente sexa posta en coñecemento e se colabore coa Garda Civil.

“A minimización de cuestións coma os excesos de velocidade cunha perspectiva de futuro pasan por traballar nunha maior concienciación social e educación vial ó respecto», afirma a alcaldesa.

De xeito acordado co Subtenente, dende o Concello trasladarase unha relación das estradas secundarias nas que se detecta problemática coa velocidade.

Por outra banda, trasladaránselle á Subdelegación do Goberno aquelas cuestións do seu ámbito competencial.

Por último, o Goberno local quere agradecer a boa disposición e colaboración amosada pola Garda Civil da Guarda e o seu Subtenente, Eligio Rivas.