Este martes, a concelleira de Servizos Sociais da Guarda, Bea Lomba, realizou unha visita ao Club da Terceira Idade, sito na primeira planta da Casa do Mar ao carón do Auditorio de San Bieito, para coñecer á nova directiva deste club, que tomou o seu cargo o pasado 17 de xullo. «Dende a concellería de Servizos Sociais se vai a continuar o traballo de apoio e coordinación nas actividades que se organizan dende este colectivo guardés«, indicou Lomba.
Segundo manifestaron dende a nova directiva, o Club da Terceira Idade da Guarda encara unha nova etapa chea de ilusión a actividades, xa non só para os máis maiores, senón que abren as portas a todas as persoas para favorecer o intercambio xeracional e interactuar coa veciñanza guardesa.
Ao longo do ano o Club realiza varios cursos, como o de bordado, bolillos, manualidades, Tai-Chi ou Natación entre outros. Tamén se organizan diferentes excursións e actividades musicais, contando cunha coral e un grupo de gaitas. Todas as persoas que estean interesadas poden ampliar información ou inscribirse poden chamar ao 986 61 0369 no horario de apertura da oficina: de 10:00 a 12:30 horas. Tamén se poden beneficiar dos descontos específicos para socios, prezo simbólico de 1€ ao mes. Tamén se organizan dúas ceas anuais, coincidindo coa Primavera e o Nadal.
As instalacións do Club da Terceira Idade da Guarda contan cunha ampla zona de bar e cafetería e unha terraza exterior con vistas á zona portuaria, instalacións abertas a todo o público e a todas as idades.
Nova Xunta Directiva:
Presidenta:
- M. Gloria González González
Vicepresidenta:
- Isabel Martínez Martínez
Tesoreiro:
- Franz Antón Krieg
Secretario:
- Ramón Moiño Campos
Vogais:
- Salustiano Saavedra Lamas
- María José Vicente Freitas
- Ángela Martínez Vicente
- Josefina Rodríguez Pérez