Samuel Soto dedica unha canción ao escritor ourensán Florencio Delgado Guirriarán

A Asociación Cultural e Social de Baíña celebrará este mes a segunda edición das Letras Galegas na parroquia. O ano pasado foi dedicado a Xela Arias e este a Florencio Delgado Guirriarán.

O sábado 21 ás 17:00 horas farase un concurso de debuxos en colaboración co colexio público de Fontes Baíña e un acto con música e presentación de libros. Actuará Samuel Soto coa canción dedicada ao escritor ourensán.

Dende a Asociación Cultural e Social de Baíña convidan a todos a esta festa das Letras Galegas.