CEDIDA // Gondomar FB Infantil

Coincidindo coa festividade do Día das Letras Galegas, a AD Tomiño en colaboración co Concello organiza un torneo de fútbol amigable na categoría infantil.

A competición contará coa participación dos equipos infantís Erizana CF, Gondomar FB, Sporting Guardés, CF Oiense, UD A Guía, ED Val Miñor, Racing Vilariño e os anfitrións, AD Tomiño.

Os encontros comezarán a disputarse ás 9:30 horas e se estenderán ata as 21:00 horas. Os equipos dividiranse en varios grupos, pasando os primeiros clasificados de cada un, ás roldas eliminatorias.