BIBLIOTECA BAIONA
FOTO BIBLIOTECA BAIONA

Mañá mércores 18 de maio a Biblioteca Municipal de Baiona celebra o Día das Letras Galegas con Álvaro Muras e o seu espectáculo “Manuel María con maxia e música”.

Un percorrido guionizado a través da vida e a obra do autor Manuel María, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Un espectáculo con fondo musical que navega nos versos do poeta lucense. 60 minutos de sorpresas con cancións, cordas, cartas panos, papeis e coa vida de Manuel María como escenografía.

A actividade está deseñada para o público de 3 a 6 anos. A entrada é gratuíta ata completar aforamento.