Este martes a Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolleu a inauguración da Exposición «Auga, o sangue da terra», un proxecto de Manuel Valcárcel.
O acto de inauguración contou coa presenza do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, a Concelleira de Cultura Elena Baz, así coma unha representación de Afundación e de Abanca, co-organizadores desta exposición e público asistente.
A exposición recolle unha serie de fotografías de Valcárcel nas súas viaxes ao redor do mundo, mostrando instantáneas coa auga coma protagonista en países coma China, Níxer, Nova Zelanda ou o deserto de Atacama en Chile.
Dende esta mesma semana máis de 200 alumnos dos centros escolares guardeses visitarán esta exposición, que conta con máis de vinte de instantáneas realmente sorprendentes.
A exposición estará no Centro Cultural da Guarda ata o 12 de xaneiro en horario de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os sábados en horario de 10:00 a 13:00 horas.