La incorporación de Gondomar al Plan del Transporte Metropolitano se encuentra en estudio

Logo de participar nunha concentración diante da delegación da Xunta en Vigo á que asistiron un númeroso grupo de veciños de Gondomar, unha representación da Asemblea Veciñal por un Transporte Digno para Gondomar, encabezada pola súa voceira, Manuela Rguez., e o Alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, reunironse o martes co Delegado Territorial da Xunta en Vigo, o Sr. Ignacio López Chaves, e o Xefe Territorial de Mobilidade en Pontevedra, o Sr. José Luis Díaz Yañéz.

Unha reunión solicitada coa fin de abordar a situación do cada vez máis deteriorado servizo de transporte interurbano en Gondomar e de chegar a acordos que dean solución no menor tempo posible ás deficiencias anteriores e aos recortes máis recentes no servizo.

Nesa reunión, o Delegado López Chaves, insistiu, máis unha vez, nos argumentos que según a Consellería xustifican a non inclusión do Concello de Gondomar no convenio do transporte metropolitano da área de Vigo, tal como comunicaron onte en nota de prensa. Pero non contaron que cada un deses argumentos foron desmontados durante a reunión por parte das representantes da Asemblea Veciñal, e que quedou en evidencia que a negativa da Xunta responde exclusivamente a razóns de carácter político, sen importarlles que estas afecten tan negativamente á mobilidade e ás economías familiares da veciñanza de Gondomar.

No que respecta ás deficiencias do servizo na actualidade, a AVTG enviará ao servizo de mobilidade de Pontevedra nos próximos días unha relación das irregularidades e incumprimentos por parte das empresas que operan no concello, así como propostas de recuperación de servizos eliminados e de posibles melloras que poidan ser de interese xeral. Pola súa parte, o Xefe Territorial de Mobilidade comprometeuse a estudar esa relación e a fixar no prazo máximo de un mes unha nova reunión para poñer en común todos eses temas.

Para a AVTG é importante salientar que esta reunión, que estaba solicitada desde hai seis meses, foi posible grazas á acción das veciñas e veciños de Gondomar que sabemos que só coa mobilización e a denuncia continuada será posible o avance. A Asemblea Veciñal por un Transporte Digno para Gondomar non vai parar até conseguir o servizo de transporte que precisamos e que nos corresponde.