Gondomar podría contar el próximo año con la “Tarxeta Metropolitana”
ALFREDO

A Asemblea Veciñal por un Transporte Digno para Gondomar, AVTG, fai un chamamento á participación da veciñanza na concentración que terá lugar o vindeiro mércores 30 de xaneiro, ás 9:00 horas, diante da Delegación Territorial da Xunta en Vigo.

Informan de que para facilitar o desprazamento haberá autobús gratuíto que sairá ás 08:20 horas da estación de autobuses de Gondomar e que retornará unha vez rematada a concentración. O teléfono de reservas é o 616.96.40.27.

Con esta nova acción “denunciamos que estamos a agardar pola reunión á que se comprometeu con nós o delegado da Xunta na reunión de outubro do ano pasado, unha vez que a Asemblea Veciñal, tal como se acordara, si lle fixo chegar a primeiros de decembro o documento no que se recollían as reclamacións polasirregularidades e deficiencias no servizo de transporte público colectivo que se padece no Concello de Gondomar, así como unha proposta de accións encamiñadas a melloralo”.

Asimesmo, “denunciamos novamente que durante a concentración que realizamos o pasado 1 de decembro diante do Auditorio Municipal, coincidindo coa presentación da candidata por Gondomar do PP ás municipais do 2019, o deputado autonómico J. Alberto Pazos e a propia candidata Paula Bouzós, compremetéronse publicamente, e en presenza do propio Feijóo, a se reuniren na semana seguinte con membros da AVTG para lles informar en que punto estaban os trámites para a entrada do concello de Gondomar no convenio de transporte metropolitano da área de Vigo”.