MELYTOUR

Ante a convocatoria, por parte do Xefe Territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, dunha reunión para o vendeiro xoves 31, a Asemblea Veciñal por un Transporte Digno para Gondomar desconvoca a concentración prevista para mañá mércores 30 de xaneiro, ás 9 de mañá, diante da Delegación Territorial da Xunta en Vigo. 

Da así cumprimento ao falado na asemblea realizada o pasado 19 de xaneiro, na que se acordou que no caso de que a Xunta convocara unha reunión, suspenderían a concentración.

Á reunión, que terá lugar na sede de Mobilidade en Pontevedra o xoves 31 ás 10:00h, tamén acudirá o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira.

A AVTG, a través da súa voceira Manuela Rguez., indica que “máis unha vez a mobilización veciñal fai posible a convocatoria dunha reunión con representantes da Xunta. En función do que se nos traslade na reunión do xoves, valoraremos as accións futuras na defensa dun transporte público colectivo digno para Gondomar.”