Elba Pedrosa

A baionesa Elba Pedrosa presenta este xoves na Ramallosa o seu último libro “O que non sabías”. Esta presentación enmarcase dentro dos actos do Día do Libro que celebra o Concello de Nigrán o 23 de xullo, data á que foi desprazada a celebración a nivel estatal debido á pandemia.

A novela de Elba Pedrosa, que resultou unha das máis vendidas na Feira do Libro de Vigo, será presentada pola Concelleira de Cultura de Nigrán, Nuria Lorenzo, que está acompañada pola escritora, actriz, xornalista e publicista Elba Pedrosa. A presentación terá lugar ás 12:00 horas na capela de San Campio da Ramallosa.

En palabras do crítico literario Armando Requeixo, O que non sabías, de Elba Pedrosa é o relato dunha “nai coraxe”, un “relato intimista que ten o amor como elemento principal” que “tece unha historia chea de silencios e memorias dolorosas”. Efectivamente, O que non sabías é unha procura de liberdade e amor na que o silencio impregna con protagonismo as persoas, e o mar devolve o que un día levou. A novela condúcenos por sentimentos confrontados que exploran vidas cotiás e os seus pasados. Segundo a escritora e crítica literaria Eva Moreda, a novela O que non sabías ten moitas calidades atractivas e apunta un camiño interesante para a ficción literaria comercial en galego.