O Concello de Nigrán, dentro da programación especial das Letras Galegas, celebra este venres 18 de maio, ás 18:00 horas, un contacontos infantil no xardín da biblioteca municipal.

Dirixido a nenos de 3 a 12 anos e unha duración de 45 minutos, corre a cargo da narradora oral Raquel Queizás. Neste contacontos ‘Ruta propia’ aparece na biblioteca un caixón cheo de libros, xoguetes, chapeus, fotografías, follas escritas…

Un verdadeiro tesouro que nos levará a coñecer o mundo cheo de historias creado e soñado por María Victoria Moreno. Mentres aprendemos a linguaxe das estrelas e escoitamos soños, ela nos convidará a viaxar ao seu carón. Un vello e coqueto chapeu se transforma no volante de A Teresita, o seu coche.