A biblioteca do Rosal adica o día de hoxe, 11 de xaneiro “Día do usuario das bibliotecas”, un recoñecemento moi especial aos mellores lectores do pasado ano.
A biblioteca municiapal do Rosal premia coa entrega dun diploma ás persoas máis lectoras do ano 2018 que acudiron a este servizo durante o ano pasado.
- Na categoría adultos, Carlos Torreiro Santos
- Na categoría xuvenil, Sergio Machado Freitas
E na categoría infantil a mellor lectora foi Ainhoa Gómez Lomba, da que se destaca que no ano 2018 retirou 138 libros da biblioteca.
A Concellería de Cultura do concello do Rosal inclúe entre outras moitas actividades esta celebración como un instrumento para fomentar a lectura entre a veciñanza, e en particular, entre os/as usuarias da biblioteca.