Biblioteca Municipal de Tui

A Biblioteca Pública Municipal de Tui permanecerá pechada os martes 9 e 16 de xullo, tanto en horario de mañá como de tarde, debido a que todo o seu persoal ten que asistir en Santiago a sendas xornadas de formación.

Dende o Concello de Tui pídese desculpas aos usuarios polas molestias que o peche poida ocasionar.

Lembramos que a Biblioteca Pública Municipal de Tui, situada no primeiro andar da Área Panorámica, abre de luns a venres en horario de 9.30 a 13.30 horas e de 16:00 a 21:00 horas e os sábados de 9.30 a 13.30 horas.