Vane Sotelo

O vindeiro luns, día 15 de julio, comeza unha nova edición do campus de fútbol sala en Baiona que contará con adestradores titulados e coa campioa de Europa, Vane Sotelo, xogadora do Alcorcón e da Selección Española.

Ademáis, o campus recibirá as visitas de:

  • Martes día 16: Valeria García, a frustración no deporte.
  • Mércores día 17: Vane Sotelo, xogadora do Alcorcón e da Selección Española.
  • Xoves día 18: Adri Superfood, nutrición.
  • Venres día 19: Santi Valladares, xogador profesional.

Vane Sotelo:

Máxima goleadora da liga en 2018 e do Europeo, no que España se fixo co título e no que ela foi ademáis nomeada mellor xogadora. Vane compartirá unha mañá de deporte con tódolos rapaces e rapazas que asistan ao campus.

As inscricións están abertas no: 671 457 031.