José Ángel Fernández Rodríguez, Voceiro do Grupo Político Municipal do PP de Tui

O Grupo Municipal do Partido Popular expresa a súa sorpresa por non ser convidada a Corporación Municipal para cumprimentar ao Ministro do Interior na visita que realizou a Tui o pasado luns, 8 de xullo.

«Tal como están publicando os medios de comunicación o Ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska, visitou a nosa cidade, concretamente a Comisaria conxunta na fronteira entre Tui e Valença e mantivo un encontro co Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, onde este lle presentou diversos temas relacionados coas súa competencias«, s¡nalou o voceiro do Grupo Político Municipal do PP, José Ángel Fernández.

A Fernández sorpréndelle que a Corporación Municipal non fora invitada a cumprimentar ao Ministro do Interior en funcións, «sacando esta visita do ámbito institucional para de novo mesturala con finalidades partidistas. A presenza da Corporación Municipal reforzaría este carácter institucional que debe rexer na actuación do goberno municipal«.

«Dende o grupo municipal do Partido Popular, como principal grupo político da oposición no Concello, queremos expresar o noso desagrado por esta actuación do goberno municipal que denunciamos publicamente para que se corrixa de cara ao futuro«, finaliza.