O vindeiro sábado 24 de novembro, ás 20:00 horas, o Auditorio Lois Tobío de Gondomar acollerá a obra «Raclette», da compañía teatral «Ibuprofeno Teatro».
Esta representación conta dúas tramas que aparentemente non teñen relación, pero que se entrelazan para rematar contando unha historia terrible que trata temas universais como a morte, a parella, a maternidade, a cobiza, a culpa e a violencia.