A compañía de teatro afeccionado ‘Teatro do Ar’ estrea este xoves, ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal de Nigrán a obra ‘Marionetas’, escrita polo seu integrante Pedro Rodríguez.

Trátase dunha historia de guerras e sorrisos perdidos e de despedidas. O Concello de Nigrán volve así a apostar por esta compañía formada por mozos do municipio hai 7 anos e que xa é unha habitual da oferta cultural municipal.

A entrada é de balde ata completar aforo.