O vindeiro venres día 10 de xullo terá lugar a reunión de Xunta xeral extraordinaria da Comunidade de Montes veciñais en man común da parroquia de Camposancos (A Guarda), convocada polo seu Presidente, José Fernando Martínez Martínez, para as 20:00 horas en segunda convocatoria.

A reunión terá lugar na Casa de Montes de Camposancos, e celebrarase nas súas instalacións cumprindo coas normas de seguridade e a distancia preventiva que dicta a normativa, como consecuencia do Covid19.

Ademais dos asuntos a tratar que figuran na Orde do día, dos que xa se deu conta mediante convocatoria de 20 de xuño, procederase á elección da nova Xunta rectora. Unhas eleccións que xa deberon de ser celebradas no mes de marzo e que foi necesario adiar a causa do confinamento provocado pola pandemia.

Non se presenta ningunha lista alternativa e a actual xunta reitora presentase en pleno a reelección con a salvedade de Dn. Ana Belen Serrano que por motivos laborais deixa o cargo e a sustitue un mozo xoven Dn. José Antonio Vázquez Fernández.

Polo tanto a Xunta, si a asamblea o confirma, quedará formada así:

Presidente:

  • Fernando Martínez Martínez.

Secretario:

  • Xosé M. Malheiro Gutiérrez.

Tesorero:

  • Domingos Portela Lorenzo.

Vicepresidente:

  • Mario Baró Pereira.

Vocais:

  • Gloria Portela Loureiro.
  • Esther Rodríguez Sobrino.
  • Lucía Martínez Diz.
  • Eduardo Alonso Rodríguez.
  • Juan Carlos González González.
  • José Antonio Vázquez.