A Comunidade de Montes de Camposancos instala 24 fitos de pedra no Trega

A Comunidade de Montes de Camposancos sigue a traballar por recuperar os sendeiros do Trega pertencentes a parroquia e para que a toponimia local, ese ben inmaterial que os nosos ancestros nos deixaron, perdure.

Así, co apoio económico de AGADER e «con mil atrancos por parte da delegación de Patrimonio da Xunta de Galicia«, colocaron 24 fitos de pedra «albero» nos cruces de sendeiros e tres paneles informativos dos sendeiros, petroglifos, ruta dos bancos no monte Trega, para que o camiñante saiba en cada momento donde se atopa e por donde seguir.