Manifesto Miñor organiza o primeiro un curso de formación para a veciñanza do Val Miñor. Trátase do curso de hixiene alimentaria destinado a produtores locais e, máis concretamente, para membros da Asociación O Toxo, que vén desenvolvendo os Encontros de Consumo Responsable no Concello de Gondomar.
O curso está a cargo da produtora e formadora Amparo Grandío, licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, enxeñeira técnica agrícola e diplomada en Ciencias Químicas.
Asemade, hai lembrar que aínda quedan algunhas prazas para o curso xeral de Manipulador de Alimentos aberto a toda a veciñanza do Val Miñor. Este curso ten unha taxa de inscrición de 10€ por persoa, comezará unha vez se teñan inscritas un mínimo de 10 persoas. As prazas cubriranse por orde de chegada das solicitudes.
As persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico ao enderezo manifestominhor@gmail.com indicando o seu nome e apelidos, dni, e-mail e teléfono para contactar con elas.