Sara Vicente, concelleira de Medio Ambiente do Concello do Rosal

Este martes, a concelleira de Medio Ambiente do Concello do Rosal, Sara Vicente, e o Mestre Composteiro, Óscar Martínez, asistiron á xornada do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía celebrada no concello de Marín.

No mes de outubro, o concello do Rosal asinou a adhesión ao Pacto dos Alcaldes, comprometéndose a actuar para apoiar a aplicación do obxectivo europeo de reducir os gases de efecto invernadoiro ata o 2030 e adoptar un enfoque común para promover a mitigación e adaptación ao cambio climático.

Unha das cuestións destacadas na reunión foi pór de manifesto o gran impacto que teñen sobre as emisión os consumos enerxéticos derivados da luz, xestión da auga e residuos. Ademais das medidas que se poidan adoptar dende o concello, a implicación de toda a cidadanía é esencial para acadar os obxectivos propostos para 2030.