A poetisa Rosalía de Castro

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar as subvencións do Departamento de Lingua aos concellos de Tomiño e Oia. A deputada responsable da área, María Ortega, subliñou que as axudas entregáronse a un total de 23 concellos da provincia en réxime de concorrencia competitiva co obxectivo de “dar prestixio ao galego”, tendo unha partida inicial de 100.000 euros.

O Concello de Tomiño destinou a súa subvención de 4.482 euros á conmemoración do día das letras galegas coa convocatoria do ’Concurso de deseño da camiseta do día das Letras Galegas 2020’. Un deseño en cor vermello coa cara da poeta e escritora galega Rosalía de Castro, rodeada dos nomes das parroquias de Tomiño, e co lema ‘Únete á resistencia’, en alusión á loita pola supervivencia do idioma galego, fíxose co galardón.

No Concello de Oia a subvención e 5.000 euros destinouse á edición do libro «Historia da banda de música Unión Musical de Mougás”, proxecto que buscaba recompilar toda a historia da banda de música e recuperar e impedir que se perda o patrimonio inmaterial oral e, deste xeito o recordo dos e das máis maiores, transmisores importantes da cultura, coñecementos, historias, e anécdotas  quede gravado.