ALFREDO

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou o proxecto relacionado coa conservación dos hábitats na franxa marítimo terrestre do espazo transfronteirizo entre a provincia de Pontevedra e Viana de Castelo.

O proxecto Biocosteiro-Conservación da biodiversidade en hábitats costeiros galaico-portugueses para promover e lograr un desenvolvemento equilibrado das economías locais ten como obxectivo mellorar a conservación destes hábitats a través da redución da presenza de especies invasoras, promover actividades económicas locais como o turismo ou o desenvolvemento de acción de sensibilización entre escolares e a sociedade en xeral.

O orzamento desta iniciativa alcanza os 750.000 euros financiados a cargo do programa de cooperación interrexional POCTEP 2021-2027. A Deputación é o beneficiario principal desde proxecto e supera os 350.000 euros, dos que este programa financia o 75%, uns 262.500 euros.