Agrupación Musical Vincios

Pasaron 40 anos dende que D. Xulio Costas Davila e D. Guillermo Costas Valverde puxeran a camiñar a escola de música de Vincios e por iso, este sábado 22 de xuño ás 20.00 horas, conmemórase este feito cun acto nomeado “Unha viaxe pola historia da agrupación”.

Neste acto participarán os alumnos da escola e actuarán as bandas da Agrupación Musical de Vincios (infantil, xuvenil e a propia A.M De Vincios), o coro dos alumnos da escola e o coro da Agrupación.