A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolleu o pasado venres a inauguración da exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa, dende o punto de vista de un artista Francés, afincado na Guarda dende fai uns 4 anos.

No acto de presentación contouse cunha breve actuación da Banda de Música da Agrupación Musical da Guarda para dar comezo as intervencións do Alcalde, Antonio Lomba, e da Concelleira de Cultura, Elena Baz.

Trátase dunha interesante mostra que poderá visitarse ata o 26 de agosto de martes a sábado en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 22:00 horas e domingos e festivos de 12:00 a 14:00 horas.

A exposición reúne un total de sesenta fotografías sacadas entre os anos 2014 e 2018 onde se reflexa o día a día dos veciños da vila, os seus oficios, con especial atención os relacionados co mundo do mar, pero tamén os momentos de ocio, as festas e tradicións, estampas de vida cotiá, conforman o espírito desta proposta. A maiores, unha proxección recolle máis de 200 fotografías onde o autor enfoca a vila mariñeira da Guarda dende o seu singular obxectivo.