Mañá xoves, 9 de xuño, no Instituto de Estudos Miñoráns en Gondomar inaugurarase a exposición A CABAQUEIRA, dedicada á fabricación artesanal de tella do país con todo o material empregado polos telleiros.
Ás 20:30 horas o telleiro e investigador, José Álvarez Alonso, «O Buraco», impartirá unha conferencia sobre o tema e fará unha demostración de fabricación de tellas e ladrillos de xeito manual.
A exposición permanecerá durante todo o mes de xuño aberto ó público de 18:00 a 20:30 horas.