O vindeiro sábado, 28 de abril, a Federación de asociacións de veciños Terra Miño, organiza na Casa da Cultura de Tomiño, a partir das 17:00 horas, a XI edición do seu encontro cultural anual.
Contará con sete actuacións de distintos Grupos e Coros promovidos polas propias asociacións integradas. Gaitas, baile tradicional, pandereteiras, coros e acordeóns conformasen a oferta cultural, á que hai que engadir unha exposición de pintura de distintos autores tomiñeses.
O presente certame conta coa colaboración do Concello de Tomiño e das Adegas Altos de Torona. Ao finalizar convidarase os asistentes á degustación dun viño producido no Concello.
A asistencia será libre e gratuíta ata completar aforamento. A Federación foi constituída no ano 2006 e actualmente está integrada por once asociacións veciñais e culturais: a Asociación “ O Arbol ” de Vilachán; a Asociación de Veciños de Amorín; a Asociación de Veciños de Barrantes; a Asociación de Veciños de Carregal; a Asociación Cultural “A Xanela”; a Asociación de Veciños de Currás; a Asociación de Veciños de Pinzás; a Asociación de Veciños de Sobrada; a Asociación de Veciños de Taborda; a Asociación Monte Tetón de Tebra; e a Asociación de Acordeonistas de Tomiño.
Entre os seus obxectivos está o promover e coordinar actividades e encontros culturais, fomentar a contorna e o patrimonio local e comarcal, organizar exposicións (escultura, pintura, etnografía), o intercambio de experiencias entre asociacións ou contribuír a poñer en valor das actividades organizadas polos veciños das distintas parroquias do municipio.
Programa
Sábado 28 de abril:
- 17:00 horas Presentación
- 17:15 horas Cantares de Tebra “Monte Tetón”
- 17:45 horas Airiños novos de Pinzas
- 18:00 horas Coro “ Orballo de Currás”
- 18:20 horas Acordeonistas de Tomiño
- 18:40 horas Pandereteiras de sobrada
- 19:00 horas Pandereteiras do Aloia
- 19:20 horas Cacharela de Taborda
- 19:40 Degustación viño local
Exposición de Pintura:
Dende as 17:00 horas ás 20:00 horas.
