A Federación Galega de Bolos celebra a súa III Gala do Deporte en Gondomar

O vindeiro día 24 de novembro, a partires dás 20:00 horas, no salón de actos da casa de cultura de Mañufe, Gondomar, a Federación Galega de Bolos celebrará a súa III Gala do deporte.

Na mesma galardonarase os clubs e xogadores galegos que durante a tempada 2018 alcanzarón algún lugar de pódium nos distintos torneos celebrados durante a tempada.

Ademais entregarase o III trofeo Galaico a medios de comunicación e institucións que foi instituido no ano 2016.

Entre os galardonados atopanse clubs e xogadores campións intercontinentais, nacionais e rexionais. Entregaranse un total de 165 diplomas e 63 trofeos.

Os galardonados pertenecen as categorías pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, femenina, sénior e veteranos.

Están invitados a esta gala os Alcaldes e Concelleiros de deportes dos Concellos do Val Miñor; Directivos da Federación Galega de Bolos e dos clubs adscritos a mesma; xogadores/@s e aficionados en Xeral.