O Concello do Rosal organizou un concurso fotográfico sobre o mirabel, no que gañou a imaxe “F de Fotos”, de Marta Lomba.
Tras reunirse o pasado 23 de xullo o xurado composto por Sara Rodríguez González, Luis Dorado Senra e Alberte Alonso Pereira, todos rosaleiros e vencellados ao mundo da fotografía, decidiu o traballo gañador e os 3 accésit para as tres mellores fotografías seguintes ao premio.
As fotografías, inéditas todas elas, foron entregadas baixo seudónimo nun sobre pechado para salvagardar a identidade da persoa que presentaba a obra, deste xeito a obxectividade e calidade da fotografía estaba garantizada.
O 1º premio consiste nun vale de 100 euros para gastar no comercio local do Rosal, e 3 lotes de produtos de mirabel para as 3 mellores fotografías seguintes ao primeiro premio.
Coas fotografías presentadas a concurso realizarase unha exposición na III Feira do Mirabel, que estará aberta ao público o propio día da feira no Mercado de San Miguel.
- 1º premio para a obra “F De Fotos” de Marta Lomba Rodríguez.
- Accésit para a obra “De Flores” de Sara Carrera Coimbra
- Accésit para a obra “Naturaleza Viva” de Mercedes Vaquero Enes
- Accésit para a obra “Mira Belo Ceo” de Carlos Castro Lomba
