RUBENS

Esta mañá, Anxo Baz, Tenente de Alcalde do Concello da Guarda, mantivo unha reunión co Subtenente do Posto da Garda Civil da localidade, Elogio Rivas, para tratar de mellorar a seguridade cidadá en coordinación e comunicación directa entre ámbalas dúas institucións.

Baz trasladou as demandas dos veciños e comerciantes para aumentar a presenza policial nos turnos de noite, obtendo o compromiso do Subtenente da Garda Civil, e emprazando a unha reunión de seguimento que terá lugar en datas vindeiras.