A escola de música da Agrupación Musical de Goián ten aberto o prazo de inscrición para o curso académico 2019/2020. O venres 13 de setembro ás 19:30 horas haberá unha reunión no auditorio de Goián para informar sobre o inicio das clases.
O curso comezará a partir do vindeiro 17 de setembro e desenvolveranse nas instalacións do Auditorio de Goián. O alumnado que desexe anotarse poderá facelo no propio auditorio ou poñéndose en contacto coa agrupación musical no correo info@bandadegoian.gal, ou ben, chamando ao 626 799 623 ou o 639 629 684. As novas incorporacións teñen un mes de proba gratuíto.
A oferta educativa deste ano é ampla e adaptada a tódolas idades e necesidades, podéndose optar entre diversos instrumentos e materias:
- Xardín Musical (3 anos)
- Música e Movemento (5 a 7 anos)
- Linguaxe Musical (de 1º a 5º curso)
- Solfexo para adultos
- Violoncello
- Percusión
- Vento Madeira: oboe, frauta, clarinete, saxofón e fagot
- Vento Metal: trompeta, trompa, trombón, bombardino e tuba
- Clases de Coro.
Ademais, contamos con grupos adaptados ás necesidades de cada alumno para ir progresando na súa formación: Conxunto Instrumental e Banda Xuvenil.