O Centro Cultural da Guarda será o escenario para a representación teatral de «Bernarda», da Compañía Malasombra Producións, prevista para o este venres ás 21:00 horas.
A entrada será libre, previa retirada da mesma dende o 30 de marzo, no propio Centro Cultural. Duración: 70 minutos
«Bernarda” é unha historia próxima, comprensible e universal. Todos coñecemos no noso entorno a alguén como Bernarda, e todos temos un pouco de Bernarda no noso interior, porque ese choque xeracional entre pais e fillos é unha constante universal, e dependendo de que lado esteamos vemos a realidade de forma totalmente diferente. Cando somos fillos queremos rachar coas normas que nos impoñen, e cando somos pais vémonos na obriga de ser nós os que as impoñamos, polo seu ben, e ese choque entre xeracións que conviven na mesma casa é inevitable.