Un ano despois da súa primeira novela, “El abrazo del sauce”, finalista do Premio Planeta 2017, May Ferreira presenta, este xoves ás 20:00 horas no Centro Cultural, a súa segunda obra, “La sombra del percebe azul”, que se desenvolve fundamentalmente na Guarda.

A novela aborda a vida dos personaxes cuxas existencias transcorren de forma paralela e tal vez o destino logre unilos. Permítenos reflexionar sobre a forza do azar para determinar os acontecementos que nos marcan. Da man dos protagonistas recorren cidades como Santiago de Chile ou Nueva York para finalmente recalar nun “pobo ao sur de Galicia con clara vocación mariñeira”.

May Ferreira é licenciada en Dereito. Ten unha ampla experiencia de mais de dúas décadas en multinacionais do sector industrial e a banca dentro da área de Recursos Humanos. Na actualidade dirixe a área de formación dunha coñecida consultora e é responsable da área de emprendemento da Comunidade de Madrid. Está escribindo a súa terceira obra, unha biografía con ambientación histórica.